Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 0138
Clasificación Genérica 02.Manufactura téxtil; 02.MANUFACTURA
Objeto/Documento maza
Materia/Soporte madeira
Técnica produción artesanal
Dimensiones Diámetro = 8,40 cm; Diámetro base = 8,40 cm; Profundidade = 40 cm
Descripción Peza formada por unha parte cilíndrica robusta -rebolo- que ten no centro da súa cara proximal un mango troncocónico.
Uso/función Liño: Cultivo e procesado non mecanizado do liño: Obtención da fibra: Maza / remaza e deluva.

Instrumento utilizado para a maza do liño ( maza manual, dado que existen diferentes niveis de mecanización para este labor).
Xa seco o liño despois de empozado (agosto -Rivas Quintas-) é preciso mazalo. Para isto, bátese cun instrumento axeitado -o que nos ocupa- contra unha superficie dura, normalmente de pedra (mazadoiro, mazadouro, estrutura coma un banco, situada no exterior da casa, ou ben nun espazo colectivo) revirándoo para que se mace por igual. Documéntase o uso dunha ou de dúas mazas, suxeitando neste caso o liño co pé ou o xeonllo. Pode haber maza e remaza, de modo que se repita a operación, ás veces cun novo empozado entrambas ou ao final da última.
Cada mangado mazado é unha maza, atada cun nó semellante a un moño; dúas mazas forman un par, e 24 pares, un augadoiro.
O traballo pódese facer comunitario, por rogas as mozas, polo grupo familiar, profesionalizado (por mulleres, as mazadeiras) a cambio dunha cantidade proporcional de liño.

A continuación, a deluva.
Coas mans, espidas ou protexidas de algún modo -cun saco, con luvas-, refréganse os talos entre si.
Traballo feminino (Gil de Bernabé) ou masculino en zonas de Ourense (Rivas Quintas). Hai referencias á deluva coma ocasión festiva (Nicolás Tenorio a principios do século XX).
Para deluvar, desfanse os augadoiros; retómanse os pares, que a partir de agora se chaman estrigas (X. Lorenzo, Gil de B.); en Rivas Q., son manadas (serán estrigas máis adiante).
Ao ter 18 estrigas, átanse formando un feixe, o afusal.
O liño atado en afusais queda listo para a venda (Gil de Bernabé, páx. 50).
Con estas operacións -maza e deluva- elimínanse partes duras e leñosas: arestas ou tascos.
Lugar de Procedencia Lobeira (Baixa Limia (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Lobeira
Bibliografía LORENZO, Xaquín. Etnografía. Cultura Material, en Historia de Galiza, vol. II, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Akal, 1979. 627.

RIVAS QUINTAS, Elixio. Tear, tecido e complementos. Ourense (m): Deputación Provincial.
Catalogación Fernández Bal, María Luisa
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6